O conselleiro de Cultura e Turismo reivindica o legado intelectual de Ramón Piñeiro e o seu “espírito de apertura e labor inesgotable en tempos difíciles”

Noviembre 6, 2009

Roberto Varela destaca que Ramón Piñeiro “soubo ollar ao seu redor, ir máis alá e intuír no horizonte a figura dun grande espazo común de pensamento e convivencia ao que chamamos Europa”

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela inaugurou esta mañá no Museo do Pobo Galego a exposición “Olladas no futuro”, dedicada a figura do literato Ramón Piñeiro ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Roberto varela gabou “espírito de apertura, fraterno e ambicioso, ao que Ramón Piñeiro soubo dar continuidade coma ningún outro coa súa labor inesgotable en tempos difíciles”, así como reafirmou que “permanece vivo o seu legado literario e intelectual”.

O titular do departamento fixo mención en máis dunha ocasión a esta figura colosal de Ramón Piñeiro, aseverando que “a súa foi unha vida dedicada con paixón á defensa da nosa lingua e a nosa cultura, na que soubo ollar ao seu redor, ir máis alá e intuír no horizonte a figura dun grande espazo común de pensamento e convivencia ao que chamamos Europa”.

Segundo o responsable de Cultura e Turismo, os contidos da mostra de Ramón Piñeiro “achegan de forma extraordinariamente vívida a súa figura, o seu espírito e a súa sabedoría fondamente galega.” Roberto Varela salientou tamén da exposición a “vocación honesta e convencida de divulgar e difundir, unha compoñente didáctica que nace sempre do entusiasmo polo coñecemento” e destacou a “capacidade sintética e riqueza de contido que ofrece unha mirada integradora, rica e complexa sobre a figura de Ramón Piñeiro.” O conselleiro de Cultura e Turismo aproveitou a ocasión para reivindicar a necesidade de “máis exposicións que mostren o noso patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e intelectual e que trasladen ao público galego e visitante a grandeza do noso pasado e a nosa memoria.”

No seu discurso o conselleiro agradeceu a presenza e as verbas do que cualificou como herdeiro de Piñeiro, Víctor Freixanes e dos intelectuais, Isaac Díaz Pardo e Aníbal Piñeiro, aos que definiu como “a memoria viva da nosa historia”.

Mostra itinerante

Intelectual, político, escritor e unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, clave para conseguir a continuidade da nosa cultura tras a Guerra Civil Española. Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial. A principal actividade de Ramón Piñeiro foi a de intentar despoxar o galeguismo da súa compoñente política para centralo no seu compoñente cultural. Neste sentido, apelou á saudade, a paisaxe e o humor como fundamentos da identidade dos galegos e esencia de Galicia.

Coa inauguración de hoxe en Santiago da exposición sobre Ramón Piñeiro completase o percorrido polas sete cidades galegas dunha mostra que recorda a un dos intelectuais máis destacados da nosa cultura. Os comisarios da mesma son Henrique Monteagudo e Carlos Fernández. A exposición consiste nun percorrido pola vida e obra de Piñeiro, adornado con imaxes e citas dos feitos históricos máis importantes da nosa historia e que rodearon a figura do escritor. Nesta mostra preséntanse escritos, cartas, fotografías e efectos persoais do intelectual, nun afán de honrar unha vida de dedicación e loita pola cultura e o idioma galegos. Asemade, un espazo da exposición recrea a emblemática mesa braseiro pola cal pasaron moitos dos persoeiros máis destacables da cultura e política galegas.

Fuente: Xunta de Galicia


Roberto Varela asina con Isaac Díaz Pardo un convenio de colaboración para o impulso do “Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas”

Noviembre 5, 2009

A Consellería de Cultura e Turismo comprométese a achegar á Fundación Antonio Fraguas Fraguas a cantidade de 17.400 euros co obxectivo de cubrir a realización do proxecto didáctico da Fundación e de apoiar a actividade do Museo do Pobo Galego

isaac convenio varela

Roberto Varela e Isaac Díaz Pardo

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela e o Presidente do Padroado da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Isaac Díaz Pardo, asinaron hoxe un convenio de colaboración co fin de desenvolver a edición número sete do Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas, consistente na realización dun programa de estudo sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico e artístico do entorno inmediato de Galicia.

A Consellería, a través da Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, concederá á Fundación a cantidade de 17.400 euros, contía que se destinará a garantir a continuidade do Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas e a potenciar a actividade do Museo do Pobo Galego.

A firma deste convenio englóbase dentro do ámbito competencias da Consellería de Cultura e Turismo en materia de creación e difusión cultural, por desenvolver esta Fundación unha serie de actuacións encamiñadas á divulgación, información e promoción da cultura, para achegar o máis posible o noso patrimonio cultural á sociedade en xeral, en calquera das súas manifestacións.

Fundación Antonio Fraguas Fraguas traballa na proxección, conservación e dinamización do patrimonio, que este intelectual e toda a xeración que el representa, crearon e rescataron no ámbito da cultura galega. Antón Fraguas foi fundador, presidente e director do Museo do Pobo Galego, espazo que representa, sintetiza e edifica imaxes, sentidos e significados da tradición cultural de Galicia.
Concurso escolar

A sétima edición do Proxecto didáctico Antonio Fraguas Fraguas será organizada, segundo o presente convenio, por un equipo de profesionais designados e dirixidos pola propia Fundación baixo as ordes do presidente do Padroado, Isaac Díaz Pardo, o que actuará como interlocutor fronte á Consellería de Cultura e Turismo. O interlocutor da Consellería será nomeado pola Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura e ademais de prestar asesoramento técnico e seguimento das actividades contempladas neste convenio, será o encargado da recepción dos informes sobre a marcha do proxecto.

O proxecto didáctico que a Fundación promove pretende alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e á posta en valor dos máis diversos elementos do acervo cultural galego. Este concurso escolar contempla dúas modalidades, unha de ensino primario e outra de ensino secundario, para en cada unha delas elixir un proxecto que se desenvolverá durante o seguinte ano lectivo. Os traballos premiados na sexta edición están expostos estes días no Museo do Pobo Galego.

Fuente: Xunta de Galicia


Sada Digital recibe el saludo afectuoso de Isaac Díaz Pardo

Octubre 8, 2009

1.Agradecimiento de ISAAC DIAZ PARDO a SADA DIGITAL


Díaz Pardo remite a Sada Digital la sinopsis del contencioso de Sargadelos

Octubre 8, 2009

SINOPSIS 1. (561 x 771)

SIPNOSIS DEL CONTENCIOSO DE SARGADELOS

Don Santiago Sineiro García que figuraba como asesor letrado (¿), que en el 2006 llevaba trabajando en Sargadelos 35 años como la persona de mayor confianza de Díaz Pardo. El Sr. Sineiro debió recibir la seguridad de que el Juzgado de Viveiro no se movería, bien por el atraso en el trabajo, o por otra causa. (Tratándose de personas normales no se entiende que no se hubiesen enterado de la destrucción que se estaba haciendo con las instituciones culturales de Sargadelos debido al retraso que ofrecía en este asunto el Juzgado de Viveiro). Sin esa seguridad de que nada se movería es difícil aceptar que el Sr. Sineiro se atreviese a meterse en semejante operación de destruir todo un complejo de empresas que además daban trabajo a 300 personas, en instituciones culturales. El Sr. Sineiro logró convencer a los hermanos Vázquez Freire, socios del Castro, para que incumpliesen el convenio de 1965 entre Cerámicas del Castro y el Laboratorio de Formas para que El Catro pudiese entrar en el capital de Sargadelos. Sineiro les ofreció la seguirdad del gran negocio que compensaba romper con los 41 años que los Vázquez llevaban respetando el convenio de 1965. Con este abandono por parte de estos socios del Castro y las modificaciones administrativas que había hecho el Sr. Sineiro en Sargadelos en una unta de socios de Sargadelos, de junio de 2006, expulsaron del Consejo de Administración a Díaz Pardo (representante del Laboratorio de Formas) y a sus dos hijos.

Hace tres años que se presentó en el Juzgado de lo Penal nº1 de Viveiro una querella contra D. Santiago Sineiro García y contra Don José Luis Vázquez Freire. El Sr. Sineiro era secretario del Consejo de Administración de Sargadelos y el Sr. Vázquez Freire pertenecía al Consejo de Administración de Cerámicas del Castro. En esta Junta se nombra a D. José Luis Vázquez Freire presidente del Consejos de Administración de Sargadelos, siguiendo de Secretario del Sr. Sineiro. Estos dos señores fueron y siguen querellados.

La forma en que fueron destruyendo el patrimonio cultural del grupo Sargadelos parece que fue realizado con un orden bien estudiado. Empezaron por eliminar las Galerías de Milán, Oporto y Sevilla e intentaron destruir otras pero no pudieron por tener compromisos. Rompieron, ilegalmente el convenio suscritor en 1974 entre Cerámicas del Castro y el Seminario de Sagadelos. Siguió la destrucción más significativa que fue la del Instituto Galego de Información (I.G.I.). Y este año 2009 destruyeron gráficas do Castro-Moret y finalmente paralizaron Ediciós do Castro.

Ya desde un principio se vio que lo que más molestaba era Ediciós do Castro, porque al destruir el IGI se destría quién diseñaba, componía, controlaba a Ediciós. Pero la destrucción de Ediciós la fueron dejando para el final. Primero se destría todo lo cultural y científico, evitando que si se destría en un principio Ediciós do Castro se veía que lo que quería destruirse era la labor de la Recuperación de la Memoria Histórica sobre la que ya desde hacía muchos años Ediciós do Castro impulsada por exiliados políticos venia trabajando y con más volúmenes publicados que ninguna otra editorial española. Es indudable que aquí, directa o indirectamente, hay una intervención de los nostálgicos del régimen anterior, a los que los nuevos dueños se habían entregado por algún precio.

DATOS QUE PUEDEN INTERESAR:

SINOPSIS 2. (561 x 771)

Mientras la justicia no se pronuncia a Díaz Pardo le queda un 31% en el capital del Castro, el 38%en Sargadelos, el 66.66% en el Seminario de Sargadelos. El Museo Carlos Maside es del Laboratorio de Formas (aunque ellos retienen los almacenes y archivos). Ediciós do Castro es de Díaz Pardo en un 100%. Esta Editorial tiene 1500 títulos en su catálogo, y el fondo editorial muy saneado se valora en 2.000.000 de euros. Lo malo es que este fondo está en un edificio de la propiedad del Grupo Sargadelos, en cuyo capital el Laboratorio de Formas tiene un 13%.

Desde el momento en que estos señores se apoderaron de la caja única del Grupo Sargadelos dejaron de abonarle cantidad alguna por concepto alguno, ni una peseta. A Díaz Pardo trataron de arruinarlo y de eliminarlo físicamente utilizando a un individuo que padece trastornos bipolares. Esto fue denunciado a la fiscalía, documentado porque el individuo dejó constancia escrita de lo que se proponía hacer, pero todo esto quedó diluido en el tiempo, lo mismo que otras denunciadas bien concretas sobre apropiación de materiales del Museo Carlos Maside, denuncia que siguió la misma suerte.

El local que tenemos en Sevilla al no conseguir venderlo, lo hipotecaron. Tememos una misma suerte para el edificio histórico que tenemos en Santiago, asimismo el edificio del IGI y el edificio de LICSA (de cinco plantas en el que está el Xeolóxico, el Carlos Maside, etc.) pueden correr la misma suerte e igualmente la planta circular de Sargadelos, dada la administración ruinosa y degradada que estos señores están llevando a cabo.

Fuente: Isaac Díaz Pardo