A Xunta de Galicia advirte dun adianto das horas máis complicadas do temporal

O Goberno galego reitera as súas advertencias de precaución á cidadanía co fin de evitar incidencias no día de hoxe

A Xunta de Galicia advirte dun adianto das horas máis complicadas do temporal e reitera as súas advertencias de precaución á cidadanía co fin de evitar incidencias no día de hoxe. Os conselleiros de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o de Presidencia, Administracións Pública se Xustiza, Alfonso Rueda, aseguraron na súa visita ás instalacións de MeteoGalicia que a Xunta mantén en alerta a todo o operativo de prevención.

Concretamente, na sede de MeteoGalicia reforzouse o equipo de persoal e habilitouse unha quenda de noite. Tamén se duplicaron as liñas telefónicas para atender as incidencias e consultas derivadas deste fenómeno. En canto aos partes de información, a páxina web de MeteoGalicia estará continuamente actualizada, e pasaranse partes cunha frecuencia mínima dunha hora.

Así mesmo, o responsable de Infraestruturas do Goberno galego destacou que mantense un equipo responsable de estradas, formado por auxiliares e operarios de control, vixiancia e conservación dos centros neurálxicos de Conservación Integral, que acudirán a solventar os sucesos que se produzan nas estradas, así como estar vixiantes para manter nunhas condicións óptimas e de seguridade a rede de estradas de Galicia

Por outra banda, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza recorda a importancia de extremar as precaución e seguir as medidas aconselladas ante o paso do temporal.

Dende a Xunta de Galicia, recoméndase aos cidadáns que eviten os desprazamentos e as actividades no exterior e antes de viaxar deben informarse do estado das estradas.

Precaucións

Tamén se pide que non se aproximen á costa, que retiren ou aseguren os elementos que poidan ser desprendidos polo vento, así como portas e fiestras. Recoméndase non achegarse a zonas arboradas ou onde se poidan desprender obxectos e estar preparados ante posibles cortes de subministro eléctrico.

Non obstante o conselleiro de Presidencia lembrou que a Xunta contactou coas compañías de telefonía e subministro eléctrico para que reforzasen os medios que habitualmente teñen na comunidade, para paliar na medida do posible os danos que se produzan como consecuencia do temporal

A Xunta ten informado da situación a todos organismos e administracións implicadas e o comité de seguimento está nas instalacións do Centro de Atención ás Emerxencias- 112 Galicia. Tamén hai comités de coordinación operativa a nivel provincial.

Outra das medidas pasa polo reforzamento da central de emerxencias, de tal xeito que se triplicaron os efectivos que prestarán atención, pasando das sete ou oito operadoras que hai normalmente ata 24. Tamén se teñen habilitado liñas telefónicas específicas, dirixidas a atender e facilitar o traballo dos profesionais das emerxencias e responsables das distintas administracións, evitando así a saturación do 112 ante o previsible incremento de chamadas que se producirá. Tamén haberá de xeito permanente técnicos da Axencia Galega de Emerxencias.

Finalmente, e entre as medidas de precaución, decidiuse suspender as actividades deportivas durante a fin de semana e a Consellería de Cultura e Turismo avisou aos peregrinos para que durante o día de hoxe eviten os desprazamentos e permanezan nos albergues. Así mesmo, avisouse ás empresas de transporte de viaxeiros para que extremen as precaucións.

Fuente: Xunta de Galicia
Escribir

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

PAZO DE MEIRÁS

Resúmenes de Sada Digital

Sada Digital

Crónicas de la Villa

A %d blogueros les gusta esto: