
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela inaugurou esta mañá no Museo do Pobo Galego a exposición “Olladas no futuro”, dedicada a figura do literato Ramón Piñeiro ao que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Roberto varela gabou “espírito de apertura, fraterno e ambicioso, ao que Ramón Piñeiro soubo dar continuidade coma ningún outro coa súa labor inesgotable en tempos difíciles”, así como reafirmou que “permanece vivo o seu legado literario e intelectual”.
O titular do departamento fixo mención en máis dunha ocasión a esta figura colosal de Ramón Piñeiro, aseverando que “a súa foi unha vida dedicada con paixón á defensa da nosa lingua e a nosa cultura, na que soubo ollar ao seu redor, ir máis alá e intuír no horizonte a figura dun grande espazo común de pensamento e convivencia ao que chamamos Europa”.
Segundo o responsable de Cultura e Turismo, os contidos da mostra de Ramón Piñeiro “achegan de forma extraordinariamente vívida a súa figura, o seu espírito e a súa sabedoría fondamente galega.” Roberto Varela salientou tamén da exposición a “vocación honesta e convencida de divulgar e difundir, unha compoñente didáctica que nace sempre do entusiasmo polo coñecemento” e destacou a “capacidade sintética e riqueza de contido que ofrece unha mirada integradora, rica e complexa sobre a figura de Ramón Piñeiro.” O conselleiro de Cultura e Turismo aproveitou a ocasión para reivindicar a necesidade de “máis exposicións que mostren o noso patrimonio histórico, arqueolóxico, artístico e intelectual e que trasladen ao público galego e visitante a grandeza do noso pasado e a nosa memoria.”
No seu discurso o conselleiro agradeceu a presenza e as verbas do que cualificou como herdeiro de Piñeiro, Víctor Freixanes e dos intelectuais, Isaac Díaz Pardo e Aníbal Piñeiro, aos que definiu como “a memoria viva da nosa historia”.
Mostra itinerante
Intelectual, político, escritor e unha das figuras históricas do galeguismo durante o século XX, clave para conseguir a continuidade da nosa cultura tras a Guerra Civil Española. Como intelectual, foi un dos fundadores e primeiros directores da editorial Galaxia e da revista Grial. A principal actividade de Ramón Piñeiro foi a de intentar despoxar o galeguismo da súa compoñente política para centralo no seu compoñente cultural. Neste sentido, apelou á saudade, a paisaxe e o humor como fundamentos da identidade dos galegos e esencia de Galicia.
Coa inauguración de hoxe en Santiago da exposición sobre Ramón Piñeiro completase o percorrido polas sete cidades galegas dunha mostra que recorda a un dos intelectuais máis destacados da nosa cultura. Os comisarios da mesma son Henrique Monteagudo e Carlos Fernández. A exposición consiste nun percorrido pola vida e obra de Piñeiro, adornado con imaxes e citas dos feitos históricos máis importantes da nosa historia e que rodearon a figura do escritor. Nesta mostra preséntanse escritos, cartas, fotografías e efectos persoais do intelectual, nun afán de honrar unha vida de dedicación e loita pola cultura e o idioma galegos. Asemade, un espazo da exposición recrea a emblemática mesa braseiro pola cal pasaron moitos dos persoeiros máis destacables da cultura e política galegas.
Fuente: Xunta de Galicia
Escrito por sadadigital
“Ningún compromiso do presidente da Xunta pode ser superior ao compromiso de estar, neste momento, coas familias dos mariñeiros galegos secuestrados”. Con estas palabras Alberto Núñez Feijóo explicou hoxe a súa decisión de cancelar a viaxe que tiña previsto realizar este fin de semana a Miami. “O presidente da Xunta vai facer o que cre que ten que facer: prestar o alento, a comprensión, o calor e a información que teñamos ás familias galegas dos mariñeiros secuestrados que están nunha situación dramática”, apostilou. Feijóo demandou, tamén, a presenza da Xunta no comité de crise para poder ter información en tempo real.
Escrito por sadadigital .jpg)
Escrito por sadadigital
Desde el jueves, 5 de noviembre, están a la venta las entradas para asistir a la IV Gala Solidaria de Intermón Oxfam, que cada año presenta la labor en cooperación de la ONG.

La Asociación de Empresarios de Sada e As Mariñas organiza para el próximo mes de diciembre la campaña “De tapeo por Sada” en la que podrán participar todos los locales que así lo deseen, abonando los no socios una cuota de inscripción previa.
132 emigrantes galegos a Iberoamérica participantes do programa Volver á Terra- organizado pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvido coa colaboración da consellería de Traballo e Benestar- aterraron hoxe no aeroporto de Lavacolla onde foron recibidos polas súas familias en Galicia e polo responsable do programa e subdirector xeral de Programas Sociais da Secretaría Xeral da Emigración, Ramón Brigós.
Los próximos días 6, 7 y 8 de noviembre el Ayuntamiento de Sada organiza tres días de celebración en torno a las tradicionales castañas asadas, con actividades enfocadas cara públicos de todo tipo de edades: desde fiesta infantil hasta torneos de futbolín y ping pong, conciertos, fiesta, teatro…

.jpg)
.jpg)
El Tribunal Supremo ha desestimado el recurso de casación presentado por la promotora Sociedad General de Terrenos y Edificios SL contra la anulación del plan parcial de la urbanización Porto Infanta, un complejo residencial de casi medio millar de viviendas que en su segunda fase incluía la construcción de un puerto deportivo con 300 puntos de amarre.
El Presidente Provincial del PP de Coruña, Carlos Negreira, acompañado del Secretario de Organización, Manuel Álvarez-Campana, ofrecerá hoy, miércoles, 21 de octubre, en la Sede del PP Provincial, una reunión de trabajo a partir de las 18:00 horas, con los alcaldes y portavoces del Partido Judicial de Coruña, para abordar asuntos de interés para la comarca.
Participa en el homenaje a Isaac Díaz Pardo
Participa en Crónicas de la Villa






.jpg)












.jpg)





